lunes, 3 de octubre de 2011

ACTIVIDADES DE LOITA

    Este curso tivemos outra vez connosco á FEDERACIÓN DE LOITA DEPORTIVA, e isto é o que nos contou o monitor, José, e o que fixeron e con el as nenas e os nenos do 2º e 3º ciclo.

A LOITA, UN DEPORTE ANCESTRAL!
   
    A historia da loita é a historia da humanidade. Dende que o home existe coma tal, hay referencias da loita en todas as culturas.
    A loita xa formaba parte no programa dos Xogo Olímpicos, na Antiga Grecia, xunto cos lanzamentos e as carreiras a pé. Eran os deportes máis importantes nos Xogos.
    E xa nos primeiros Xogos da era moderna, en 1896, entran a formar parte do programa olímpico, neste caso a loita grecorromana; nos xogos do ano 1900 entra tamén no programa olímpico a loita libre olímpica (ámbalas dúas seguirán no programa dos xogos ata a actualidade).
    En 2004, nos Xogos de Atenas entra a formar parte tamén a loita feminina.

   A loita é un deporte de duelo combate, no que mediante determinadas técnicas tratase de poñer ao adversari@ compañeir@ de costas no tapete; estas técnicas poden ser empurróns, proxeccións, cambadelas, derribos, etc.
   O combate pode gañarse pondo ao adversario de costas dentro dun tempo establecido ou senón mediante os puntos que se lle confiren ás técnicas usadas.


OBSERVAMOS





APLICAMOS


No hay comentarios:

Publicar un comentario