Como sabedes, este sábado celebrouse a xornada de campo a través escolar da nosa zona. Tal e como se expón na portada da páxina da Agrupación deportiva "AgruDeBam" o monte do Borralliño, en Soutelo, resultou un marabilloso lugar para disfrutar coas carreiras, nunha participación fantástica de pequenos atletas do Tomiño, O Rosal, Tui e Salceda.
Agradecemento a todos os que contribuíron ao éxito da proba: concello, Servizo de deportes, profesores/as e familias implicadas, clubes... e parabéns aos atletas!
Todos os nosos corredores chegaron á meta enteiriños e ben contentos. É un orgullo velos correr, esforzándose e dándolle sentido a estas probas que costa tanto organizar. Doutra banda é unha satisfacción ver o aumento de participación que houbo este ano no noso centro.
Por último, destacar que temos dous EQUIPOS CAMPEÓNS!
MOI BEN RAPACES!!!
Pódense consultar as CLASIFICACIÓNS no seguinte enlace: AgruDeBaM
NOTA: sentimos as molestias ocasionadas por algúns problemas de organización. Á seguinte competición zonal, que será ó próximo curso (probablemente ao Rosal), iremos en autobús saíndo todose o colexio e á mesma hora; de esta maneira, evitaremos todos os desaxustes desta ocasión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario