Ao longo deste curso escolar, levarase a cabo unha actividade de convivencia co C.R.A. “Raíña Aragonta”que consistirá no seguinte:
Cada 15 días visitarán o C.R.A., nos recreos dos venres, dous nen@s de cada aula de 1º, para que poidan ver aos seus antigos mestr@s, a súa aula e, por suposto, xogar con compañeir@s de patio do curso pasado.
Cos pequenos e coas pequenas irá tamén un nen@ de cada aula de 6º curso, como reforzo positivo e para que poidan experimentar a responsabilidade de dinamizar e organizar xogos para os máis pequenos.
En todo momento irán acompañados/as por un mestre/a do noso centro.
O venres pasado, día 4, realizouse unha experiencia piloto que resultou moi positiva. Os pequenos/as entraron cunha cara de ilusión que daba gusto vela e as maiores pasárono en grande. Ademais, contamos cunha colaboración especial: un grupo de artistas, formado polo profesor de música e cinco rapazas de 6º, ofrecéronnos un espectáculo de música africana, dado que neste ciclo están a traballar a interculturidade na materia de cidadanía, e teñen moitas máis cousas interesantes que contarnos. A VER SE SE ANIMAN !!!
Nesta montaxe podedes ver algunhas fotos e un vídeo dos mellores momentos:
XORNADA DE CONVIVENCIA from cepaltamira on Vimeo.
XORNADA DE CONVIVENCIA from cepaltamira on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario