Informámosvos de que a primeira competición escolar será o campo a través de Salceda. Celebrarase no lugar de "O Borralliño" (Soutelo), polos terreos do campo de fútbol e arredores. Será o vindeiro SÁBADO, 26 DE NOVEMBRO, pola mañá. Esta proba realízase dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño e en colaboración co Concello de Salceda de Caselas.
Os percorridos das probas podedes velos na páxina da Agrupación "AGRUDEBAM", na sección "Campo a través", pinchando AQUÍ. Os horarios das probas serían:
Benxamín (04/03): feminino- 10:30 / masculino- 10:45.
Alevín (02/01): feminino- 11:00 / masculino - 11:15.
Infantil (00/99): feminino- 11:40 / masculino - 12:00.
Existe a posibilidade de solicitar autobús dende o centro. A data límite para solicitalo é o martes.
Espérase a máxima participación dos centros de Salceda, así que dende o departamento de Educación Física do C.E.P. ALTAMIRA animamos a todas as familias a que gocen cos pequenos/as desta xornada deportiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario