Estimados pais/nais:
Pola presente informámoslles dunha serie de cambios que se van producir nas entradas e saídas do colexio, atendendo á Orde de 23 de xuño de 2011 (DOG do 30) , que regula a vixiancia do alumnado por parte do profesorado.
A presente orde recolle que se fará vixiancia do alumnado transportado dende o momento de chegada do autobús ata que volven a ser recollidos polo transporte á saída. Isto supón unha serie de medidas que o centro ten que adoptar para o seu cumprimento, o que implica unha total reestructuración das entradas no colexio, intentando favorecer a fluidez e evitar os atascos que habitualmente estanse a producir debido á cantidade de alumnado co que contamos:
· Os nenos/as de autobús entrarán polo portal grande no momento de chegada , excepto as liñas de autobús que por cercanía ao estacionar, entran polo portal pequeño, sendo vixiados polos mestres responsables.
· Os alumnos que non veñan en autobús a partir do día 19 de setembro, entrarán ás 9.25h, sen compañía dos seus pais, sendo vixiados polos mestres.
· O conserxe abrirá a porta a esa hora (9.25h) e vixiará no portal pequeno que ningún neno/a saia do centro.
· Se algún pais/nai necesita ir a Secretaría esperará a que entren todos os nenos no edificio escolar, evitando así aglomeracións.. O horario de secretaría será de 9.40h a 10.20h.
· Á saída os pais/nais poderán entrar 5 minutos antes para recoller aos seus fillos, como se viña facendo habitualmente. Aconsellamos que para favorecer a autonomía dos nenos/as maiores ( a partir de 3º ) os pais esperan por eles no patio de arriba.
· Os pais que veñan cos seus fillos dende o colexio de infantil poderán esperar no Pavillón ata as 9.25 que entrarán pola cancela grande.
· Aconsellamos que se algún pai chega antes da hora de entrada (9.25h) espere en fronte do colexio (zona parque) ata que se abran as portas, favorecendo a fluidez na entrada e evitando riscos por estar preto da rúa onde aparcan os autobuses.
Sen máis asuntos, reciban un cordial saúdo
A DIRECCIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario