UNHA VISITA MOI ESPECIAL
O pasado mércores 13 de abril visitounos na nosa biblioteca unha gran escritora galega, Fina Casalderrey. Foi invitada ao noso colexio, unha vez que limos libros da súa obra que se chamaban Os misterio da Casa do Pombal, O Misterio dos Fillos de Lúa, entre outros, xa que outros cursos leron outros contos como o Cabalo de Lume ou o Misterio do Cemiterio Vello.
Nesta visita, Fina Casalderrey, a pesar de ter problemas coa súa voz, fíxonos viaxar ao mundo da fantasía e dos contos coas súas historias como a de Eu son Eu, así como amosarnos que a forza das palabras é máis forte ca das mans; de feito , conseguiu que tres mestras subirán a unha mesa da biblioteca.
Ao remate da súa intervención, tivemos o privilexio de facerlle algunhas preguntas moi interesantes para coñecer algo máis sobre a súa vida persoal e a súa carreira como escritora.
Así, soubemos que nenos e nenas coma nós, os soños, a súa familia, a lectura e moito máis axudáronlle e animárona na súa carreira artística; que lle gusta moito o seu traballo de mestra, de feito, leva traballando dende os 19 anos. Aclarounos que a súa profesión inflúe na súa obra axudándolle a coñecernos mellor, que lle gusta escribir os libros máis bonitos do mundo se é capaz, e comentounos unha curiosidade moi interesante que lle aconteceu ao longo da súa carreira profesional, cando un neno lle preguntou se podería queimar un dos seus libros tan só porque quería facer unha pregunta interesante.
Finalmente, accedeu a asinarnos un exemplar da súa obra.
(Redacción feita polos nenos/as de 4º C).
No hay comentarios:
Publicar un comentario