lunes, 21 de mayo de 2012

O NOSO CONTO: "María e o alieníxena"

O alumnado de 3º e 4º , con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, asistiu a unha sesión superdivertida co contacontos "Mario Tomás".

Invitounos a facer un conto entre todos.... quedou así:
Érase unha vez unha nena chamada María que tiña super-poderes.

A María gustáballe moito pasear polo bosque... coidándoo para protexer a natureza e aos animais que vivían nel.
Un día encontrouse cun alieníxena... enseguida deuse conta que non tiña moi boas intencións: intentaba contaminar o río cos seus raios láser.
Pero, antes de que puidese reaccionar... o alieníxena, atacouna!!
 

Como María protexía o bosque, todos os animais e plantas eran os seus amigos...por iso, de súpeto, apareceu o león para defendela.

A loita foi dura porque o extraterrestre e María  usaron todo o seu poder. O león, toda a súa forza e estratexia de ataque.

Na forza da loita, o alieníxena...desintegrouse.

María e o león miraron como un raio que subía entre as nubes e desaparecía entre elas.

O río, o bosque e toda a Natureza estaban salvados.

Fin


No hay comentarios:

Publicar un comentario