martes, 15 de mayo de 2012

CORRELINGUA 2012

   O pasado 11 de maio participamos na marcha denominada "CORRELINGUA" na zona do Baixo Miño - Condado. Esta marcha reivindicativa na defensa da nosa lingua estivo organizada pola MESA pola normalización lingüística , a Asociación Pedagóxica Galega e polo sindicato C.I.G. ensino, e colaboran diferentes institucións e casa comerciais.
   Este ano organizouse no concello de Tui, coa colaboración dos concellos de Tui, Salceda de Caselas e Tomiño.
   Fixemos un percorrido pola zona monumental de Tui, partindo dende a corredoira ata a parte traseira da Área Panorámica. Alí desenvolveuse un acto.
   A presentadora foi Iria Sobrado e leu o manifesto a pprofesora Marga Romero, e despois actuou un grupo de Rock que gañou o concurso do "Cantalingua".

No hay comentarios:

Publicar un comentario