Segundo Decreto 30/2007, do 15 de marzo (DOG do 16 de marzo) e Orde do 17 marzo de 2007 (DOG do 19 de marzo) e corrección de erros (DOG do 4 de abril) que regulan o procedemento para admisión de alumnado de educación primaria.
Solicitudes de admisión:
· Do 1 de marzo ao 10 de abril
· Presentarase unha solicitude por alumno: Anexo II, xunto a fotocopia do DNI do alumno ou do Libro de Familia
· Na mesma solicitude manifestar desexo ou non de comedor
· Os país dos alumnos con necesidades educativas de apoio educativo deberán manifestar se optan a unha praza para dito alumnado, achegando se for o caso a documentación que acredite as circunstancias alegadas
( información médica ou dos servizos sociais ).
- No caso de separación legal dos proxenitores, a solicitude de admisión terá que asinarse polos dous proxenitores, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para o su cotexo polo centro educativo.
· A solicitude de admisión non se poderá facer en máis dun centro.
· A reserva dos alumnos xa matriculados no centro é automática.
Postos escolares ofertados:
CURSO | POSTOS OFERTADOS | VACANTES |
1º | 88 + 12 | - |
2º | 100 | 12 |
3º | 100 | 22 |
4º | 100 | 16 |
5º | 75 | 10 |
6º | 75 | 18 |
Centros adscritos:
CRA Raíña Aragonta
IES Pedras Rubias
No hay comentarios:
Publicar un comentario