O pasado venres, día 25 de novembro, todos os grupos de 3º cos seus titores e máis eu, mestra de Educación Física, fomos de ruta polos muíños de Salceda, paseando por sendeiros ben fermosos.
Puidemos aprender e observar dende dentro o funcionamento dun muíño. Resultou moi interesante.
E, ao final do traxecto, esperábannos técnicos do concello para ensinarnos a plantar árbores.
Tratábase de rexenerar un terreo da "Comunidade de Montes" que no seu momento foi reenchido con residuos, os cales acidificaron o solo. Por iso os técnicos, 15 días antes, fixeran uns buracos ben grandes nos que botaran cal para reducir a acidez. Neses buracos os nenos/as introduciron as árbores e foron cubrindo as raíces con capas de terra "negra" de monte e follas (abono concentrado). Deste xeito, se todo vai para arriba como ten que ir, dentro duns aniños teremos unha boa sombra para gozar mellor desta zona recreativa.
Plantación-show0 por cepaltamira
No hay comentarios:
Publicar un comentario