miércoles, 23 de febrero de 2011

OBRADOIRO DE PAN

Ao longo da semana pasada, os nenos/as e as profes do 2º ciclo fixemos unha saída moi interesante, e larpeira!  
Fomos ás Neves a alí, en primeiro lugar, un señor moi amable, chamado Belarmino, ensinounos un muíño en pleno funcionamento; despois, no Centro de FP “A Cancela", fixemos, nada máis e nada menos, que PAN, PIZZAS e un ELEFANTE DE CHOCOLATE. Que ricos!!!

NO MUÍÑO.




NA COCIÑA.




 NÓS EN ACCIÓN:



 RECEITA:

Como se fai?

1.- Peneiramos a fariña na mesa.
2.- Dámoslle forma de volcán.
3.- Engadímoslle todos os ingredientes dentro do volcán, menos a auga. Farémolo   moi amodiño ata conseguir ter unha masa unida.
4.- Amasar ben coas mans.
5.- Deixar repousala masa, dividila e formar pans.
6.- Cocelo pan a 200 ºC.


MÁIS INFORMACIÓN: partes dun muíño.



POR ÚLTIMO, UN POUQUIÑO DE "PAN CON HUMOR".


No hay comentarios:

Publicar un comentario