Este ano decicimos facer unha despedida do curso ao aire libre. Tendo en conta a boa resposta que tiveron as actividades conxuntas de Xogos Populares e Tradicionais Galegos entre os 3 ciclos feitas nas sesión de Educación Física, decidimos repetilo, ao grande!, con todo o 2º ciclo e, o que é máis importante, coa participación das súas familias.
Non debemos esquecer que estes xogos perduran no tempo, precisamente, porque se transmiten de xeración en xeración. Polo que queremos agradecer a participación e animar a todos e todas: pais, nais, avós, avoas, tíos, etc. para que este tipo de iniciativas se repitan e que se "mollen"... aínda que non sexa tanto como este ano na FESTA DA AUGA!!!
NOTA: O VIDEO PÓDESE VER EN GRANDE PINCHANDO NUNHA PESTANIÑA QUE ESTÁ NA PARTE DE ABAIXO Á DEREITA, AO IGUAL QUE SE AGRANDAN AS FOTOS AO COLOCAR O CURSOS SOBRE ELAS.